Mulleres
ASISTOGAL traballa por e páralas mulleres, é por iso que temos creado unha base de actividades, cursos, seminarios e formacións adicadas ó empoderamento feminino e á información e xestión en diversos ámbitos como o emprego, as relacións, a autoestima ou a sexualidade, entre moitas outras.
ASISTOGAL é pioneira en Galicia neste ámbito de formación e contamos coa maior plataforma online de formacións en Igualdade en galego.
Mulleres na historia e diversidade
As mulleres foron esquecidas, borradas e invisibilizadas na historia. Neste seminario coñeceremos as vidas de mulleres con diversidades físicas que foron referentes no empoderamento das persoas con discapacidade, como por exemplo Hellen Keller, Anne Sullivan, Frida Kahlo ou María Blanchard.
Sesións presenciais en grupos reducidos (segundo as indicacións sanitarias COVID-19), ou webinars online.
Autoestima e Desgaste Emocional
Psicowebinar no que descubriremos como poñer en valor as nosas capacidades, partindo do autocoñecemento e a validación das nosas emocións na situación actual.
Aprenderemos a identificar e transitar as mesmas, co obxectivo de fortalecer a nosa autoestima, clave para os nosos procesos de empoderamento e benestar.
Empoderamento e Resiliencia
Grupo de Traballo / Psicowebinar
Online / Offline
Grupo de traballo no que se fomenta a creación de círculos de mulleres como vínculo para incrementar os saberes cotiáns, lexitimar os mesmos e restructurar expectativas de futuro ante a situación das mulleres durante a situación sanitaria actual.
Comunicación Non Verbal para o Éxito Profesional
Masterclass / Psicowebinar
Online / Offline
Como comunicar ben sen falar
A comunicación non verbal no traballo
A comunicación non verbal na vida social
O éxito sen palabras
FÉMXITO
Masterclass / Psicowebinar
Online / Offline
Xornada de Coaching Motivacional laboral para o emprendemento en feminino.
Motivación para o éxito laboral en feminino.
Vivir, traballar e emprender en positivo.
Visualizar as oportunidades para o éxito.
Autoemprego Feminino
Talleres Online / Offline
Marketing Dixital
Xestión Redes Sociais
Publicidade en Redes Sociais
Praceres (con)sentidos
MASTERCLASS impartida por psicóloga / sexóloga
Neste taller reflexionaremos sobre os piares que forman a sexualidade, as súas grandes dimensións e o impacto que teñen no desenvolvemento da autoestima, desde a perspectiva de xénero.