
Congresos e Asambleas
Organización de Congresos
Levamos a cabo todos os detalles que abarcan a organización de congresos, convencións, xornadas ou simposiums: secretaria técnica, científica, exposición comercial, procura de patrocinadores, inscrición en liña, videoconferencia, APP, innovación…
Dende Asistogal desenvolvemos a imaxe máis acorde a cada evento, desde o logotipo ata a escenografía, pasando por toda a cartelería, folletos, dossieres, packaging, imaxe dixital ou instalacións.
Unha organización de congresos integral, partindo da experiencia e ofrecéndolle as opcións que mellor se adapten ás súas necesidades: congresos locais, nacionais e internacionais, de diferentes ámbitos e enfocados desde distintos prismas.
Realizamos unha procura exhaustiva co fin de atopar as mellores opcións para o congreso, marcando a diferenza con ideas innovadoras que levamos a cabo grazas a unha selección minuciosa que ofrecemos aos nosos clientes