Coaching Motivacional

ASISTOGAL ten preparados unha grande variedad de cursos, talleres e masterclass adicadas a motivación e empoderamento desde un punto de vista psicolóxico, traballando materias como o optimismo, a xestión do tempo e prioridades, ou o autoemprego feminino entre moitas outras.

ASISTOGAL é pioneira en Galicia neste ámbito de formación e contamos coa maior plataforma online de formacións en Igualdade en galego.

 
Screenshot+2021-03-01+at+13.19.56.jpg

A Actitude Multiplica

Actitudes positivas e construtivas para o 2021.

Empoderamento feminino para conseguir metas dende o optimismo.

 
Screenshot 2021-03-01 at 13.25.19.png

Xestión do Tempo e das Prioridades.

Corresponsabilidade como ferramenta para a xestión.

Masterclass / Psicowebinar
Offline / Online

En ocasións temos a sensación de que non chegamos a todo, que o noso autocoidado posponse por coidar doutras personas ou simplemente non chegamos a organizarnos dunha maneira adecuada.

Neste taller poderemos parar durante uns momentos e desde o alto, decidir onde enfocamos as nosas prioridades e enerxía: desta maneira apostamos por unha corresponsabilidade real.

Dirixido a mulleres e homes.

 
Screenshot 2021-03-01 at 13.27.23.png

Como superar a Incerteza.

Claves para afrontar os cambios.

Masterclass / Psicowebinar
Online / Offline

Como tendes a reaccionar ante os cambios?

Tes facilidade para adaptarte e botar man dos recursos e habilidades dos que dispós?

Nesta época de cambios constantes e exposición á incerteza, é habitual que se sumen preocupacións ás xa existentes, paralizándonos en moitos momentos á hora de afrontalas.

Por onde empezar? Que facer cando aparece a ansiedade?

Descobre co noso equipo técnico claves prácticas en materia de psicoloxía para aplicar no día a día.

 
image.jpg

Autoemprego Feminino

Claves para emprender coa túa idea en tempos de crises.

Se tes unha idea de negocio, ou simplemente curiosidade e un soño… este taller é para ti!

Indagaremos sobre o emprendemento:

  • Motivos para emprender

  • Aspectos clave e xestións necesarias.

  • Encontra a túa clientela potencial

  • Que che asusta ou limita para lanzarte e probar?

Botar un ollo ao teu potencial emprendedor merece a pena, non che parece?

Presencial / Online