Quen somos?

Dende 2009, ASISTOGAL traballa pola igualdade de xénero e somos pioneiros e líderes no noso ámbito en Galicia.

 

Somos un equipo multidisciplinar con titulación universitaria en Relacións Laborais e Recursos Humanos, Psicoloxía, Traballo Social, Educación Social e Dereito.

Ademais, contamos con axentes de igualdade e todo o persoal conta con formación específica en igualdade de xénero. A esta formación súmase a nosa ampla experiencia na elaboración e implantación de Plans de Igualdade e outros proxectos, informes e estudos de xénero. Este equipo compleméntase coa área técnica, comercial e de márketing, na que contamos con persoal técnico informático e de deseño gráfico que nos permiten realizar campañas de sensibilización, proxectos web en materia de igualdade, implantación de solucións de teletraballo, etc.

Pioneiros en traballos dirixidos ao empoderamento e atención psicolóxica con mulleres vulnerables e vítimas de violencia de xénero

Creación das únicas caravanas moradas contra a violencia de xénero a nivel nacional.

As caravanas dan difusión con campañas de sensibilizacion contra a violencia de xénero e atención ofrecen atención directa especializada en asesoramento e psicoloxía como puntos de seguridade en macroeventos.