Novidades

Talleres de igualdade no fogar en O Grove

11/1/2012

taller igualdade o grove

Finalizaron os talleres de "Igualdade no fogar" que organizamos para a concellería de Igualdade e Benestar de O Grove. En varias xornadas impartíronse talleres de mecánica, electricidade, fontanería e lavandería.

Faro de Vigo


Gala Nadal Emgrobes

8/1/2012

gala emgrobes 2012

Organizamos para Emgrobes por terceira vez a súa Gala de Nadal. Nesta ocasión a gala consistiu nun concurso de talentos e a colaboración de caras coñecidas da vila con imitacións de famosos cantantes.

Faro de Vigo
La Voz de Galicia
Faro de Vigo
La Voz de Galicia


Gran Nevada en O Grove

5/1/2012

Por terceiro ano consecutivo organizamos a Gran Nevada para Emgrobes na Praza Praterías de O Grove con grande éxito entre os rapaces.



La Voz de Galicia




Presentación do recetario con gelee Lagar de Besada

16/12/2011

gelee alabariño lagar de besada

Presentación do recetario con gelee de albariño de Lagar de Besada. Este recetario foi ideado e elaborado por nós con receitas propias e con colaboracións de Oscar de Toro e José Soto.

Faro de Vigo
La Voz de Galicia


Presentación das actividades Pazo Quinteiro da Cruz

25/08/2011

presentación pazo quinteiro da cruz

Fixemos a presentación das actividades que organizaremos no Pazo Quinteiro da Cruz (Ribadumia). Estas actividades son de temática variada e levaranse a cabo entre 2011 e 2012.
Pódese consultar máis información na web:
Actividades Pazo Quinteiro da Cruz

La Voz de Galicia
Faro de Vigo
Canal Rías Baixas


Gala de Nadal de Emgrobes

16/01/2011

Este ano organizamos de novo a gala de entrega de premios de Nadal de Emgrobes.

Galería de fotos

Teatro Orballo


Taller de calidade de vida

13/12/2010

Impartimos uns talleres de calidade de vida na terceira idade para a Asociación de pensionistas e xubilados de O Grove. Estes talleres incluiron temas de memoria, relaxación e coidados.


Taller de cociña tradicional para nenos

10/12/2010

taller de cociña tradicional

Organizamos un "Taller de Cociña Tradicional para Nenos", na aula da Cofradía de Pescadores dentro do programa de Actividades da Campaña de Nadal do Centro Comercial Aberto “De Tendas” do Grove. O taller consistiu nunha visita guiada á Lonxa do Grove é un taller onde elaboramos pratos de cociña tradicional.

Emgrobes


Obradoiros de animación lectora no Verbum

03/10/2010

verbum verbum

Con estes obradoiros queremos fomentar a lectura e valores do pobo galego, facer fincapé na lectura dende o pracer e o interese propio, mellorar o espírito crítico e a capacidade verbal dos rapaces e espertar e fortalecer nos pais e nais dos cativos o interese pola lectura para que poidan compartir con eles novas experiencias e afirmar os seus vínculos.

Verbum


Festa do fin de curso no CEIP Sestelo-Baión

18/06/2010

fin de curso baion fin de curso baion

Organizamos a festa de fin de curso no CEIP Sestelo-Baión (Vilanova de Arousa). Consistiu nunha gymkana de xogos tradicionais galegos: chave, rá, carreiras de sacos,...


Entrega do premio do concurso de carteis da Semana da Uva en Meaño

16/06/2010

Concurso de carteis da Semana da Uva en Meaño

Fíxose entrega do premio do concurso de carteis a Irene Varela Bouzada de 6º de primaria no CEIP Coirón (Meaño). O cartel gañador será a imaxen promocional da Semana da Uva de Meaño que se realizará entre os dias 17 o 24 de sjetembro no concello de Meaño e que consistirá en talleres enogastronómicos, Feira intersectorial ao redor da uva, exposición de arte relativa ao mundo da uva, etc.

Tódolos carteis participantes tamén formarán parte dunha exposición que se poderá visitar no mes de setembro en instalacións do Concello de Meaño.

Asociación Corazón de Meaño


Concurso de carteis da Semana da Uva en Meaño

21/05/2010

Concurso de carteis da Semana da Uva en Meaño

As bases do concurso de carteis para anunciar a Semana da Uva en Meaño entregáronse hoxe no colexio de Coirón (Dena). A presidenta da Asociación de Comerciantes Corazón de Meaño fixo entrega destas bases á Directora do centro e á Presidenta da ANPA Coirón.

As bases do concurso de carteis serán repartidas a todos os alumnos dos CEIP do Salnés e a través da federacion de ANPAS de Pontevedra (FANPA) distribuiránse por toda a provincia.

O premio consistirá nun vale compra para material escolar en locales asociados de Meaño.

As bases do concurso poden consultarse nesta ligazón


Campaña do día da nai

07/04/2010

campaña día da nai Meaño

Presentamos a campaña do día da nai da asociación de comerciantes "Corazón de Meaño"


Plantación de árbores autóctonas

06/04/2010

plantacion arbores autoctonas o grove

Asistogal organizou a petición da Comunidade de montes de San Martiño coa colaboración da Consellería de Medio Ambiente, dentro do seu proxecto de xestión forestal sostible, máis a colaboración do Concello do Grove a reprantación de aproximadamente 150 árbores entre carballos, ameneiros, freixos... no monte da Siradella nunha maña de confraternización entre os dous IES do concello.

todogrove.com


Actividade de outdoor

12/03/2010

actividade outdoor

Organizamos unha actividade de outdoor training denominado "Misterioso asasinato" no Hotel Spa Katiuska (Silleda) para un grupo de traballadores.

Mediante o outdoor training pretendemos reforzar as habilidades de liderazgo e traballo en equipo, empoderamento, pensamento estratéxico e cambio da organización e acordar as accións necesarias para consolidar o proceso de desenvolvemento da empresa cara unha maior competividade, a partir do desenvolvemento humano e organizacional e do renacer de aspectos básicos, simples e de sentido común.


Cociña de entroido

12/02/2010

cociña entroido baion cociña entroido baion filloa verde

A ANPA San Juan de Baión organizou coa colaboración de asistogal a actividade de cociña de entroido no CEIP Sestelo-Baión (Vilanova de Arousa). Esta vez o menú foi: bandullo, vincha ou tripón e filloas multicolor.


Inicio do curso ""Musicoterapia para o estrés asistencial".

01/02/2010

Impartiremos no concello de Meaño o curso "Musicoterapia para o estrés asistencial" específico de musicoterapia para coidadores asistenciais.
Impartirase os días 1, 3 e 5 de febreiro cunha duración total de 6 horas.

Fin do curso "Aprender a coidar e a coidarse".

28/01/2010

Asistogal impartiu no concello de Meaño o curso de formación para coidadores de persoas con dependencia valorada 2009. O curso titulouse "Aprender a coidar e a coidarse" e tivo unha duración de 35 horas.

Gran Gala de Nadal de Emgrobes.

17/01/2010

gala nadal emgrobes

O Pavillón de Congresos e Exposicións da Toxa, acolleu esta tarde de domingo, a Gran Gala de Nadal que organiza a Asociación de Empresarios de Bens e Servizos do Grove (Emgrobes). Unhas duascentas persoas asistiron ao acto, que este ano encargouselle á empresa Asistogal.

todogrove.com
emgrobes.com

Replantación das árbores de Nadal.

11/01/2010

arbores o grove

No monte de A Siradella (O Grove) tivo lugar a replantación das árbores que foron repartidas aos comercios participantes na campaña de nadal do Centro Comercial “De Tendas”.
Na actividade participaron escolares de todos os colexios de O Grove.

todogrove.com
La Voz de Galicia

Gran Nevada e Cociña de Nadal no Grove.

04/01/2010

gran nevada o grove

Organizamos as actividades da "Gran Nevada" coa colaboración do Concello, Policía Local e Protección Civil do Grove cun xogo de procura do tesouro.
E na Aula de Formación de Protección Civil do Grove desenvolveuse a “Cociña do Nadal” onde nenos e nenas aprenderon como realizar pratos típicos do Nadal.

todogrove.com

Presentación de programas para a terceira idade.

30/10/2009

Presentamos conxuntamente co concelleiro de Benestar, Carlos Alvarez Besada, os programas "Entrenando a memoria" e o "Clube do Maior" dirixidos a persoas da terceira idade.

La Voz de Galicia